Notificación casos confirmados COVID - Hospitais privados e concertados

Notificación casos confirmados COVID - Hospitais privados e concertados

Tras a aprobación, o pasado 4 de xullo, da Orde SND/726/2023 pola que se declara a finalización da situación de crisis sanitaria ocasionada pola COVID-19, actualízanse os protocolos e circuítos relacionados coa COVID-19:

A COVID-19 continúa sendo unha enfermidade de declaración obrigatoria (https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2023-15135 - Título V. Capítulo I. Artículo 208. Modificación del Real Decreto 2210/1995, de 28 de diciembre, por el que se crea la red nacional de vigilancia epidemiológica), polo que os hospitais e laboratorios (públicos e privados) deben continuar declarando os casos que diagnostiquen a través dos mecanismos establecidos (https://www.sergas.gal/Saude-publica/Notificacion-casos-hospitais-privados e https://www.sergas.gal/Saude-publica/Notificacion-casos-laboratorios-privados). Para máis información sobre a declaración de casos confirmados da COVID-19, pode remitir un correo electrónico a Covid-19@sergas.es

Os centros sanitarios xa NON precisan continuar declarando a ocupación hospitalaria nin as necesidades de material relacionados coa COVID-19 (COVIDMETRICAS e COVID19MATERIAL), posto que decaeu a declaración ao "Sistema de Información de Capacidad Asistencial Hospitalaria (SICAH)"​