Pauta de vacinación fronte ao meningococo C - 2014

Pauta de vacinación fronte ao meningococo C - 2014

Nota informativa sobre a pauta de vacinación fronte ao meningococo C.

 
 NOTA INFORMATIVA SOBRE A PAUTA DE VACINACIÓN FRONTE AO MENINGOCOCO C
 
 

Vacinación fronte ao meningococo C en nenos que inician pauta:
 
Todos os nenos que nazan a partir do 1 de xaneiro de 2014 recibirán unha única dose no 1º ano de vida aos 4 meses, unha segunda dose aos 12 meses e unha terceira dose aos 12 anos de idade.


 
Vacinación fronte ao meningococo C en nenos con PAUTAS XA INICIADAS:
 
 Os nenos que xa foran vacinados cunha dose aos 2 meses deben recibir outra dose aos 4 meses, e as correspondentes aos 12 meses e 12 anos segundo vaian cumprindo idades.
 
 Os nenos que teñan neste momento entre 12 e 18 meses deberán recibir a dose do segundo ano de vida no momento en que acudan a consulta.
 
 A partir do 1 de xaneiro de 2014 todos os/as nenos/as recibirán unha dose segundo vaian cumprindo 12 anos.
 
 Os nenos nacidos no ano 2000 e 2001 recibirán unha dose, independentemente das doses recibidas previamente, sempre e cando non a recibiran con 10 ou máis anos, e iranse vacinando entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2016, a medida que vaian acudindo ao sistema sanitario, sen facer unha campaña de captación activa.
 
 

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2014