MOSQUITO TIGRE (AEDES ALBOPICTUS)

MOSQUITO TIGRE (AEDES ALBOPICTUS)

  
O mosquito tigre, coñecido científicamente como Aedes albopictus, é un mosquito de cor negra, cunha liña branca dende a cabeza ao tórax e manchas brancas en patas e abdome. É unha especie principalmente urbana, activa sobre todo durante o día, e que se esconde en zonas sombrías. Pode transmitir algunhas enfermidades ás persoas, como o dengue, chikungunya ou zika. Aínda que a probabilidade é moi pequena, o control deste mosquito é primordial.
 

pastedImage1.png


O mosquito tigre cría en pequenos recipientes que acumulan auga estancada durante máis dunha semana (pratos baixo as macetas, auga dos floreiros, bebedeiros das mascotas,…). Nunca deposita os ovos en augas en movemento, como ríos e rías, nin en superficies e volumes de auga importantes (máis de 200 litros), como os estanques. Tampouco se pode desenvolver onde a auga se evapora aos poucos días.
  

Para combatelo débese:
1. Baleirar cada 3-4 días ou cubrir os obxectos ao aire libre que poidan acumular auga (macetas, cubos, cinceiros, pratos de animais domésticos, sifóns, etc.) para evitar a súa reprodución. 
2. Cubrir balsas e piscinas cando non se usen, con lonas que impidan acumular auga. 
3. Botar auga de cando en vez nas canaletas, nos desaugadoiros e zonas de drenaxe e vixiar os sistemas de rega.

4. Evitar a acumulación de auga en charcos e ocos das árbores tapándoos con terra
 
Para evitar a súa picada:
1. Aplica insecticidas e repelentes autorizados contra este insecto. 
2. Utiliza mosquiteiras en xanelas, depósitos, recipientes etc., pode evitar o acceso do mosquito e a posta de ovos. 
3. Usa roupa que cubra a pel cando esteas no exterior 
4. Manten unha boa hixiene persoal, xa que a suor e os olores fortes atraen aos mosquitos

Como actuar se che pica? 
As picaduras do mosquito tigre son moi molestas, podendo ser dolorosas e ocasionar unha reacción alérxica. A picadura vólvese máis visible e dolorosa co tempo. Pode causar prurito, ronchas e molestias ao redor da zona afectada. 
Evita rascar a picadura, lávaa con auga e xabón, e usa xeo para reducir a inflamación. En caso de complicacións graves busca atención médica.

Viches un mosquito tigre? 
Avísanos! Descarga a app Mosquito Alert e axuda a estudar por onde se expanden estes mosquitos e predicir a súa diseminación en zonas onde non chegou. 

Dispón de máis información sobre a vixilancia, prevención e control deste e doutros mosquitos no apartado ENFERMIDADES TRANSMITIDAS POR VECTORES