Laboratorio de Saúde Pública de Galicia

Laboratorio de Saúde Pública de Galicia

 

Logos 2.PNG

O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (LSPG) é a unidade provedora das determinacións analíticas derivadas dos programas de vixilancia e control oficial que realiza a Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) no ámbito da protección da saúde.

O LSPG pon a súa oferta analítica a disposición doutras consellerías da Comunidade Autónoma de Galicia e doutras administracións públicas, coas que establece colaboracións.

A dotación de equipos do LSPG foi actualizada e mellorada con financiamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER GALICIA 2007-2013)

 

1.jpg 

O LSPG está situado no edificio da Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo:

LABORATORIO DE SAÚDE PÚBLICA DE GALICIA

R/ Montevideo, 9, 27001 Lugo

Teléfonos: 982 292120 - 982 292119 / Fax: 982 292005

Correo electrónico: laboratorio.saudepublica@sergas.es