Funcións

Funcións

 

  • O desenvolvemento das actividades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, incluíndo a posta a punto de técnicas analíticas e a realización das análises que se lle encomenden en materia de saúde pública.
  • A xestión e coordinación dos medios humanos e técnicos das unidades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.
  • O deseño, a implantación e mantemento dos programas de calidade no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e a elaboración do plan de auditorías internas, así como a coordinación e, cando proceda, a execución da dita planificación.
  • O asesoramento técnico e científico no ámbito da saúde ambiental e seguridade alimentaria, dentro da súa competencia.
  • A introdución e actualización da información dispoñible na base de datos da Rede de laboratorios de seguridade alimentaria (Relsa) da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición.
  • A xestión e a coordinación con outros laboratorios oficiais para a remisión das peticións das análises que non se realicen no propio laboratorio.
  • A participación na Rede galega de microbioloxía en saúde pública.
  • A participación na investigación e na innovación en saúde pública no ámbito das súas funcións.
  • O impulso do desenvolvemento de novas metodoloxías analíticas no campo dos laboratorios de saúde pública, en especial na determinación de contaminantes emerxentes e na secuenciación xenómica.
  • En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.