Laboratorios de Agua de Consumo

Laboratorios de Agua de Consumo

Requisitos dos laboratorios que realicen análises de augas de consumo

REQUISITOS DOS LABORATORIOS

Os laboratorios que realicen análises de auga de consumo e superen a determinación anual de 5000 mostras de auga de consumo, terán todos os métodos de análise acreditados pola norma UNE EN ISO/IEC-17025.

Aqueles que non superen as 5000 mostras, e que non teñan todos os métodos de análise acreditados por esta norma, deberán ter implantado, como mínimo, un sistema de calidade que estará validado ante unha unidade externa de control de calidade que realizará periodicamente unha auditoría (por exemplo unha certificación ISO 9001). Así mesmo, os métodos empregados estarán validados e documentados de conformidade coa UNE EN ISO/IEC-17025.

Os métodos de análise utilizados polos laboratorios deberanse axustar ao anexo IV do Real decreto 140/2003. Con respecto ás substancias radiactivas, os métodos de ensaio son os previstos no anexo X dese mesmo Real decreto.

Cómpre recordar que os laboratorios que realicen análises de auga para os autocontrois de abastecementos sometidos a vixilancia sanitaria deben estar dados de alta no SINAC.

Máis información no artigo 16 do Real decreto 140/2003