Desactivación dos avisos por vaga de calor en toda Galicia. 06 de agosto 2018

Desactivación dos avisos por vaga de calor en toda Galicia. 06 de agosto 2018

Segundo informa MeteoGalicia, o luns día 6 de agosto desactívanse os avisos por vaga de calor en toda Galicia, polo que a situación será de normalidade.

Dende o luns, as temperaturas mínimas e tamén as máximas sufrirán notable descenso en xeral, sendo extraordinario en varias zonas de Galicia. Este descenso en todo o territorio continuará sendo progresivo durante as xornadas do martes 7, mércores 8 e xoves 9.

De cara o venres 10, subirán novamente as temperaturas mínimas e máximas, pero con valores propios da época do ano, lonxe dos rexistros de aviso.