Indicadores Clave do Sistema Nacional de Saúde

Indicadores Clave do Sistema Nacional de Saúde

Indicadores Clave do Sistema Nacional de Saúde (INCLASNS). Base de datos publicada o 16 de abril de 2015.

Os Indicadores Clave do Sistema Nacional de Saúde (INCLASNS) son un conxunto priorizado de información que abarca os aspectos considerados máis relevantes da saúde e do sistema sanitario. O seu desenvolvemento realízase en colaboración coas comunidades autónomas a través da Subcomisión de Sistemas de Información do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Son un total de 247 indicadores que se clasifican en dúas categorías: esenciais ou lista corta (50) e auxiliares (os restantes 197).

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publica periodicamente unha actualización destes indicadores que inclúe a última versión da base de datos, un manual da aplicación, a metodoloxía e as fichas técnicas.

 

Maio 2015