I.V.E. Interrupcións Voluntarias do Embarazo

I.V.E. Interrupcións Voluntarias do Embarazo

Estatísticas completas

Logo_IVE.jpg 

 

Neste apartado da páxina web da DXSP móstranse datos das interrupcións voluntarias do embarazo (IVEs) realizadas en España dende 1987, por mulleres que residen en Galicia. Os datos proceden dos centros acreditados para realizar IVEs, que teñen a obriga de notificar a sanidade unha serie de datos (anónimos) de cada IVE que nel se realiza. En Galicia os centros acreditados envían estas notificacións ao Rexistro Galego de IVEs, que depende da DXSP, que pola súa banda os envía ao Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. Estas notificacións enviadas ao Ministerio fan referencia ás IVEs realizadas en Galicia tanto en mulleres que residen nela como fóra dela. Dado que todas as Comunidades Autónomas levan a cabo o mesmo procedemento, o Ministerio está en condicións de devolverlle ás comunidades as IVEs realizadas fóra da comunidade en mulleres que residen nela. Deste xeito, como quedou dito, os datos do Rexistro Galego conteñen todas as IVEs realizadas en España por mulleres que residen en Galicia. Pola contra non constan os datos de IVEs realizadas fóra de España nin, por suposto, aquelas que non foran notificadas.


Mais información de como proceder ante unha interrupción voluntaria do embarazo, consultando o Centro C.O.F. correspondente, nesta ligazón​