Gripe H7N9

Gripe H7N9

Áreas afectadas: China

A gripe A(H7N9) é moi transmisible pero pouco patóxena en aves, polo que non é nada doada de identificar (non se percibe unha elevada mortandade de aves, como nas gripes aviares altamente patóxenas), feito que dificulta notablemente o seu control e facilita a infección humana.

En efecto, as persoas en contacto con aves infectadas ou mortas,ou coas súas secrecións e excreccións, pódense infectar e enfermar, dando lugar a un cadro respiratorio grave que pode ser fatal. Ademais, semella que estas persoas poden transmitir a infección a outras persoas, aínda que os eventos de transmisión interhumana serían, polo de agora, moi raros.

Na actualidade, os abrochos en aves están circunscritos a diferentes provincias de China, e as persoas que viaxan a unha delas poderían adquirir a enfermidade. Para evitalo, deben seguir os sinxelos consellos que contén o documento ao que se accede na ligazón consellos a viaxeiros. Nel non se especifican as provincias con abrochos porque o máis seguro é seguilos en todo o territorio chinés.

Por outra banda, se a Galicia chega unha persoa enferma polo virus A(H7N9) compre identificala o máis axiña posible para, ademais de tratala axeitadamente, adoptar as medidas de control da infección que impidan a súa transmisión a outras persoas. Estas medidas de vixilancia e resposta en Galicia pódense consultar na ligazón do mesmo nome.