Fusións SINAC

Fusións SINAC

Neste apartado atopará a información necesaria para fusionar zonas de abastecemento ou redes de distribución.

 

FUSIÓN DE REDES DE DISTRIBUCIÓN
Para solicitar a fusión de redes de distribución, deberán enviar á Dirección Xeral de Saúde Pública unha solicitude de fusión de redes. Esta solicitude pode atopala na parte dereita desta páxina. A solicitude pode remitila a través da caixa de correos sinac.galicia@sergas.es ou a través de correo ordinario ou rexistro.

Tamén deberán entrar na aplicación SINAC e rexistrarse (dentro da aplicación SINAC atopará un menú á esquerda (menú altas--otras solicitudes--solicitude fusión/división)

Despois duns días recibirá un correo electrónico informando do trámite realizado.

 

 

FUSIÓN DE ZONAS DE ABASTECEMENTO

Para solicitar a fusión de zonas de abastecemento, unicamente deberán enviar á Dirección Xeral de Saúde Pública unha solicitude de fusión de zonas. Esta solicitude pode atopala na parte dereita desta páxina.

IMPORTANTE: Non ten que solicitar a fusión a través da aplicación SINAC. Unicamente debe enviar a solicitude á Dirección xeral a través da caixa de correos sinac.galicia@sergas.es ou a través de correo ordinario ou rexistro.

Despois duns días recibirá un correo electrónico informando do trámite realizado.