O sistema de vixilancia da TB na nosa comunidade recóllese na Orde do 4 de decembro de 1998 pola que se regula o sistema específico de vixilancia da tuberculose en Galicia (DOG núm. 248, do 24 de decembro de 1998, páxinas 13.657-58), onde se expón que o Rexistro do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose (actualmente denominado SITUB) forma parte do sistema específico de vixilancia e ten como obxectivo recoller e xestionar a información precisa para describir a incidencia, evolución e características da TB en Galicia.
O SITUB recolle información sobre:
- Casos de enfermidade tuberculosa, os seus seguimentos e a situación final do tratamento.
- Estudos de contactos, os seus seguimentos e os resultados dos tratamentos preventivos (quimioprofilaxes ou tratamentos da infección tuberculosa) instaurados.
- Estudos de infección tuberculosa realizados (resultado, seguimentos e tratamento).
Os formularios de declaración na nosa comunidade pódense descargar a través dos seguintes enlaces: