F.A.Q.

F.A.Q.

Unha vez que me descarguei o ficheiro ISO, que fago con el?

É necesario crear un pendrive de arranque para poder utilizar EpiLinux en modo "live" (utilizalo directamente dende o soporte elixido, sen ter que instalalo).

Para crear un pendrive, utilizaremos un programa similar a Rufus, que podemos obter dende http://rufus.akeo.ie/

 

EpiLinux pídeme un contrasinal...

Hai determinadas operacións que é necesario realizar como Administrador (ou superusuario -root-) do Sistema. Para iso pídesenos un contrasinal (password) antes de realizar esas accións. O contrasinal é epilinux (en minúscula).

 

Como cambio o contrasinal?

É recomendable cambiar o contrasinal que vén por defecto con EpiLinux (que é "epilinux", sen as comiñas) posto que é unha clave coñecida por todos. Para iso, imos ao Menú Principal e, na sección "Ferramentas do Sistema", seleccionar o item "Usuarios e grupos". Na ventá que nos aparecerá, á dereita de "contrasinal" hai un botón de "cambiar". Se queremos que, aínda despois de cambiar o contrasinal, non nolo pida ao arrancar o sistema teremos que marcar a opción "Non preguntar de novo o contrasinal ao iniciar sesión".