Epidemioloxía do VIH en homes

Epidemioloxía do VIH en homes

Epidemioloxía do VIH en homes (Galicia)

A principal práctica de risco para a transmisión do VIH en homes son as relacións sexuais entre homes. A seguinte figura nos informa da importancia de cada vía de transmisión nos novos casos de VIH nos últimos anos. As barras azuis representan os novos casos de VIH por relacións sexuais entre homes. Como se pode apreciar, as relacións sexuais entre homes son a principal vía de transmisión do VIH en todos os grupos de idade, e o 100% dos rapaces con VIH menores de 20 anos infectáronse por manter relacións sexuais con outros homes sen preservativo.

Figura 1: Porcentaxe e número de novos casos de VIH en homes por vía de transmisión e grupos de idade no momento do diagnóstico. Galicia, 2011-2016.

Figura1.PNG

Non obstante, en Galicia, os novos casos de VIH en homes que teñen sexo con homes (HSH) están a diminuír. Na seguinte figura vemos como descenden os novos casos de VIH en HSH (barras azuis).

Figura 3: Número de diagnósticos de VIH en homes que teñen sexo con homes. Galicia 2004-2015.

Figura3.PNG

Normalmente, os HSH con VIH tardan varios anos en diagnosticarse. Isto repercute negativamente na súa saúde e aumenta o risco de que transmitan o virus ás súas parellas sexuais. Na seguinte táboa pódese observar como o atraso diagnóstico aumenta coa idade pasando dun 25% a un 77% en HSH.

Táboa 1: Porcentaxe de diagnóstico tardío de VIH segundo a vía de transmisión e os grupos de idade no momento do diagnóstico. Galicia, 2004-2015.

taboa.PNG

Para evitar o atraso diagnóstico de VIH, os HSH deben facerse unha proba de VIH unha vez ao ano. Tamén se poden facer a proba rápida de VIH en fluído oral (saliva) en calquera das seguintes entidades colaboradoras coa Consellería de Sanidade: http://www.sergas.es/Saude-publica/VIH-Entidades-probas-rapidas

Lembra: un resultado reactivo dunha proba rápida de VIH debe confirmarse sempre cunha proba de VIH en sangue que se pode solicitar no Servizo Galego de Saúde.