Epidemioloxía do VIH e outras ITS

Epidemioloxía do VIH e outras ITS

NOVOS DIAGNÓSTICOS DE VIH EN HOMES (2004-2014)

As relacións sexuais sen preservativo en homes que teñen sexo con homes (HSH) é a vía máis importante de transmisión do VIH en Galicia tanto polo número de casos que produce como pola tendencia ao aumento (incremento anual do 8% en 2004-2014) aínda que se observa un descenso marcado en 2014.


Porcentaxe de novos diagnósticos de VIH segundo as principais categorías de transmisión en homes. Galicia 2004-2014.

TABLA_ga.PNG
(DXSP: datos o 31 de decembro de 2014)

 

Número de novos diagnósticos de VIH en HSH. Galicia, 2004-2014.

TABLA1ga.PNG
(DXSP: datos o 31 de decembro de 2014)

 

A maioría dos casos diagnostícanse entre os 25 e os 45 anos e residen principalmente nas provincias da Coruña e Pontevedra. O 41% destes homes levaban varios anos infectados polo VIH sen o saber e o seu sistema inmunitario xa estaba bastante deteriorado (menos de 350 linfocitos CD4/microlitro de sangue) no momento do diagnóstico. Na seguinte táboa obsérvase como este atraso diagnóstico aumenta a medida que aumenta a idade do home diagnosticado.

 

Porcentaxe de diagnósticos tardíos (DT) de VIH en HSH segundo a idade no momento do diagnóstico. Galicia, 2004-2014

tabla5ga.PNG

 

A supervivencia das persoas con VIH mellorou moito coa introdución dos tratamentos antirretrovirais de alta eficacia, pero esta segue a ser unha patoloxía grave que non ten cura. Os últimos datos sobre mortalidade por VIH indican que, en 2013, morreron 54 persoas por VIH, das cales o 76% eran homes e a idade media das persoas falecidas foi de 47 anos.

 

Mortalidade polo VIH en homes. Galicia, ano 2013 (datos provisionais)

taboa6.PNG
 

Para máis información pincha aquí: http://www.sergas.es/Saude-publica/Informes-epidemioloxicos-de-VIH-sida

 

 

SÍFILIS E GONOCOCIA DUNHA REDE DE CENTROS ESPAÑOIS DE ITS (2005-2011)

O mecanismo de transmisión máis frecuente da sífilis e gonococia foron as relacións sexuais entre homes. O 70% dos diagnósticos de sífilis e o 52% dos casos de gonococia producíronse por relacións sexuais entre homes homosexuais. A transmisión oral, tanto na sífilis como na gonococia, foi relevante xa que o 30% dos casos en HSH producíronse exclusivamente por vía oral e o 50% aproximadamente por vía oral e anal.

 

Distribución dos diagnósticos de sífilis e gonococia segundo a categoría de transmisión. España, 2005-2011

tabla3cast.PNG

Distribución dos diagnósticos de sífilis e gonococia segundo a práctica sexual. España, 2005-2011

tabla4cast.PNG


Para máis información pincha aquí: http://www.isciii.es/ISCIII/es/contenidos/fd-servicios-cientifico-tecnicos/fd-vigilancias-alertas/fd-enfermedades/fd-sida/Informe_ITS_2005-2011.pdf