Novidades de Epidat 4.2

Novidades de Epidat 4.2

A continuación descríbense as novidades de Epidat 4.2, relativas ao contorno e o contido, con respecto á versión previa (4.1). As novidades de todas as versións anteriores están detalladas no historial do programa, que está dispoñible na páxina web de descarga e na ventá Acerca de do menú Axuda.

Contorno xeral:

• No menú de ferramentas engádese o inglés na opción do idioma.

• No menú de ferramentas incorpórase unha opción para personalizar o proceso a seguir cando se gardan resultados nun ficheiro xa existente; esta opción permite seleccionar entre dúas alternativas excluíntes: ''Preguntar opcións antes de gardar'' (por defecto) ou ''Recodar a opción''. Nesta última alternativa débese elixir entre ''Reemplazar arquivo'' ou ''Engadir follas ao mesmo arquivo''.

• No asistente para a entrada automática de datos, ao cargar unha base de datos compróbase que non existan nomes de variables repetidos. No caso de detectar varias variables co mesmo nome, mantense o nome da primeira delas, e ás demais engádeselles un número entre paréntese ao final do nome para poder distinguilas.

• Nas ventás que permiten segmentar os resultados e permiten representar gráficos, impídese amosar os gráficos cando o número de categorías da variable pola que se segmenta é superior a 10.

 
Contido:

• Incorpórase un módulo novo, Índices de desenvolvemento ou privación, que non existía na versión 3, aínda que dous dos seus índices xa estaban dispoñibles no módulo de Xerarquización. Este módulo inclúe un repertorio de sete índices, varios dos cales empréganse de rutina nas publicacións internacionais sobre pobreza e desenvolvemento. Dous dos índices más importantes, en razón da súa vixencia actual, son o "Índice de Pobreza Multidimensional (IMP)" e o "Índice de Oportunidades na Nenez (ION)" que incorpora un par de novidades conceptuais: unha implícita (o enfoque do curso da vida) e outra explícita no algoritmo de cálculo (o axuste por desigualdades). A pesar de que este módulo é novo, o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) e o Índice de Desenvolvemento relativo ao Xénero (IDHX) estaban incluídos no módulo de Xerarquización de Epidat 3.1. O IDH e o IDHX da versión 3.1 seguían a metodoloxía do Informe sobre Desenvolvemento Humano de 1999; na versión 4.2 utilízase a metodoloxía de 2011 para o IDH e modifícase o IDHX para corrixilo por desigualdade de xénero.

• No módulo de Inferencia sobre parámetros, nas ventás de comparación de dous grupos independentes (medias, proporcións e taxas de incidencia) engádese, na sección de datos dos resultados, a información relativa aos dous grupos en función dos valores que toma esta variable na base de datos.

• Corríxense os seguintes erros detectados na versión 4.1:

  Análise descritiva: 

   • Correlación: amosábase unha mensaxe de erro ao visualizar un filtro xa definido ou realizar cambios nel.

  Mostraxe: 

   • Selección de mostras, mostraxe por conglomerados bietápica: engádese unha mensaxe de erro específico cando o tamaño de cada conglomerado non cumpra certa condición. Antes amosábase unha mensaxe xenérica que non especificaba cal era o problema.

   • Axuda: Explícase con máis detalle o cálculo de tamaño de mostra para estimar un odds ratio ou un risco relativo.

  Inferencia sobre parámetros: 

   • Unha poboación, taxas de incidencia: ao cargar datos por medio da entrada automática e calcular o número de total de casos, non se sumaba o valor do primeiro rexistro da variable seleccionada para identificar os casos. Esta cuestión soamente provocaba un erro nos resultados cando o primeiro rexistro da variable tomaba o valor 1.

   • Dúas poboacións, taxas de incidencia: Detectouse un erro no cálculo do valor p polo método exacto que impedía obter resultados para determinados valores do número de casos e das persoas-tempo.

   • Contraste de normalidade: ao representar o gráfico cuantil-cuantil coa opción de segmentar resultados, se se intentaba volver a editar un dos gráficos non se abría o gráfico seleccionado.

  Filtro: 

   • Nalgunhas ventás do programa non se podía realizar o cálculo tras visualizar ou modificar un filtro definido previamente.

   • Ao realizar un cálculo empregando un filtro, se se volvía ao asistente e se cargaba a mesma base de datos, o filtro amosábase como activo erroneamente, xa que realmente estaba eliminado.

  Entrada automática de datos: 

   • Non era posible cargar un arquivo de OpenOffice cando este fora orixinariamente un arquivo de Excel e se gardara con extensión .ods.