Lista de software

Lista de software

Epidat

http://www.sergas.es/Saude-publica/EPIDAT

Programa de libre distribución desenvolvido polo Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública de utilidade para a análise estatística e epidemiolóxica de datos.

(Manual)

 

Epigrass

https://sourceforge.net/projects/epigrass/

Software para a visualización, análise e simulación de procesos epidémicos nas redes.

 

FreeMat

http://freemat.sourceforge.net/

Lenguaxe de programación de código aberto acerca de computación numérica similar a sistemas comerciais como Matlab e IDL que permite o desenvolvemento de algoritmos en paralelo e ten capacidade de visualización e impresión en 3D.

(Manual)

 

GeoGebra

http://www.geogebra.org/

Software de matemáticas dinámicas de código aberto e uso sinxelo que reúne xeometría, álxebra e cálculo nun só programa.

 

GNU Octave

https://www.gnu.org/software/octave/

É un programa para realizar cálculos numéricos considerado o equivalente libre de Matlab. Proporciona capacidades para a solución numérica de problemas lineais e non lineais e gráficos para a visualización e manipulación de datos.

(Manual)

 

JASP

https://jasp-stats.org/

Programa gráfico libre, de código aberto e uso sinxelo para a análise estatística que proporciona diversos métodos estatísticos bayesianos.

(Manual)

 

LibreOffice

https://es.libreoffice.org/

É un paquete de software de oficina libre e de código aberto que conta cun procesador de texto (Writer), un editor de follas de cálculo (Calc), un xestor de presentacións (Impress), un xestor de bases de datos (Base), un editor de gráficos vectoriais (Draw) e un editor de fórmulas matemáticas (Math).

 

Maxima Algebra System

http://maxima.sourceforge.net/es/

Sistema para a manipulación de expresións simbólicas e numéricas que produce resultados de alta precisión, adicionalmente pode graficar funcións e datos en dúas e tres dimensións.

(Manual)

 

OpenEpi

http://www.openepi.com/

É unha calculadora web gratuita, dispoñible para o seu uso en epidemioloxía, bioestatística, saúde pública e medicina que proporciona unha serie de ferramentas epidemiolóxicas e estatísticas para os datos resumidos ou agregados.

(Manual)

 

PlotDrop

http://plotdrop.sourceforge.net/

Programa deseñado para a visualización rápida e sinxela de series de datos 2D.

 

PSPP

https://www.gnu.org/software/pspp/

É unha aplicación de software libre para a análise de datos que proporciona funcionalidades básicas como: frecuencias, táboas cruzadas, comparación de media, regresión lineal, fiabilidade, reordenamento de datos e probas non paramétricas entre outras.

(Manual)

 

QGIS

http://www.qgis.org/es/site/

É un Sistema de Información Xeográfica de código aberto que soporta numerosos formatos e funcionalidades de datos vector, datos ráster e bases de datos.

(Manual)

 

QtiPlot

http://www.qtiplot.com/

Programa informático multiplataforma para gráficos interactivos e análise de datos.

(Manual)

 

R

https://www.r-project.org/

Linguaxe de programación que ofrece unha ampla variedade de ferramentas estatísticas (modelos lineais e non lineais, tests estatísticos, análises de series temporais, etc) e gráficas manexado a través dunha consola na que se introduce o código propio da súa lenguaxe para obter os resultados desexados.

(Manual)

 

R Commander

http://www.rcommander.com/

É unha interfaz para a análise estatística que permite manexar R sen necesidade de coñecer o seu código.

 

RKWard

https://rkward.kde.org/

É unha interfaz gráfica de uso sinxelo que ten como obxectivo combinar a lenguaxe R coas ferramentas estatísticas.

 

RStudio

https://www.rstudio.com/

É un entorno de desenvolvemento integrado (IDE) para a linguaxe de programación R. Inclúe unha consola, un editor de sintaxe que apoia a execución do código e ferramentas para o trazado, a depuración e a xestión do espazo de traballo.

 

SciDAVis

http://scidavis.sourceforge.net/

É un programa multiplataforma de código aberto para a representación gráfica interactiva e análise de datos.

(Manual)

 

Scilab

http://www.scilab.org/

Software para a analise numérica que posee a súa propia linguaxe de programación, orientado ao uso de matrices e vectores.

(Manual)