Enquisa Europea de Saúde en España 2014

Enquisa Europea de Saúde en España 2014

A Enquisa Europea de Saúde en España (EESE) 2014, realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) é a parte española da European Health Interview Survey (EHIS) coordinada por Eurostat.
É unha investigación de periodicidade quinquenal que proporciona resultados por comunidade autónoma. Recolle información sanitaria relativa á poboación de 15 e máis anos mediante un cuestionario común europeo. Esta información resulta útil para planificar e avaliar as actuacións en materia sanitaria.
O cuestionario consta de 4 módulos: módulo socio-demográfico, módulo de estado de saúde, módulo de asistencia sanitaria e módulo de determinantes da saúde