Enfermidade pneumocócica

Enfermidade pneumocócica

O pneumococo (Strptococcus pneumoniae), que habitualmente coloniza a farinxe das persoas sen producir enfermidade, en ocasións prodúcea,  especialmente en persoas con factores de risco: inmunodeprimidas, as que se atopan nas idades extremas da vida, as que padecen certas enfermidades crónicas, ou as fuman ou consumen alcohol nunha cantidade excesiva.

Son ben coñecidas as principais síndromes que produce o pneumococo, algunhas delas debidas á difusión directa da bacteria dende a farinxe: otite media nos nenos e pneumonía preferentemente nos adultos; outras debido a súa capacidade invasora, que amosa un espectro clínico moi variado: bacteriemia oculta leve, infeccións localizadas, pneumonía bacteriémica, sepse e meninxite.  clínico moi variado: bacteriemia oculta leve, infeccións localizadas, pneumonía bacteriémica, sepse e meninxite.

En calquera delas, cando o S. pneumoniae  se illa en sangue, ou noutro lugar do corpo humano habitualmente estéril, falase de enfermidade pneumocócica invasora (EPI), que da conta só dunha pequena parte da enfermidade producida polo pneumococo nunha poboación.  A EPI é a que se emprega na vixilancia da enfermidade pneumocócica, porque garante que un pneumococo é o responsable da enfermidade que padece o enfermo.

Nas ligazóns de abaixo pódense atopar informes sobre a evolución da EPI en Galicia xunto á avaliación do estudo piloto de vacinación que se desenvolveu de 2011 a 2014.

Na actualidade, fronte a enfermidade pneumocócica o Programa Galego de vacinacións (PGV) recomenda dúas vacinas, unha conxugada e outra de polisacáridos, tanto a certas idades como en persoas teñen algún factor de risco. Toda a información sobre estas vacinas pódese consultar na ligazón ao PGV.