Sesións Técnicas

Sesións Técnicas

A Dirección Xeral de Saúde Pública está a organizar un ciclo de sesións técnicas, coas que pretende mellorar a comunicación na nosa organización, de xeito que se den a coñecer as liñas de traballo que se están a desenvolver relacionadas co campo da saúde pública e os resultados que reflicten, así como a intercomunicación e cooperación cos diferentes ámbitos asistenciais coas políticas de saúde pública e viceversa.

Compartir o que estamos a facer cas persoas que traballamos neste campo e escoitar as interesentasímas achegas que se nos fagan desde os diferentes ámbitos da sanidade galega contribúe, sen dúbida, á mellora da calidade dos servizos prestados.  

Queremos traballar coa premisa de que a visibilidade da ciencia é fundamental, polo que consideramos preciso dispor dun espazo aberto de intercambio de información e transferencia de coñecemen que permita favorecer dun xeito dinámico e flexible, a actualización permanente da información. 

Estas sesións técnicas celebraranse os martes de 9:15 a 9:30 baixo a modalidade de videoconferencia. 

O enlace as mesmas facilitarase previamente por correo electrónico. De querer participar nas mesmas e non ser unha persoa incluída na listaxe de difusión, pode facernos chegar a súa solicitude á caixa de correo  (Escola.Saude.Publica@sergas.es), á que tamén pode enviar tanto as aportacións técnicas de mellora sobre os temas presentados nas sesións, como as boas prácticas da súa área que considere de interés para ser difundidas nunha sesión técnica.
 
Escoitar as achegas  contribúe, sen dúbida, a poñer en valor o noso traballo cotiá e á mellora da calidade dos servizos prestados, por eso e moi importante contar coa súa participación activa.

​​​​​