Divisións SINAC

Divisións SINAC

Neste apartado atopará a información necesaria para dividir unha zona de abastecemento ou unha rede de distribución.

DIVISIÓN DE REDE DE DISTRIBUCIÓN
Para solicitar a división dunha rede de distribución, deberán enviar á Dirección Xeral de Saúde Pública unha solicitude de división de rede. Esta solicitude pode atopala na parte dereita desta páxina. A solicitude pode remitila a través da caixa de correos sinac.galicia@sergas.es ou a través de correo ordinario ou rexistro.
Tamén deberán entrar na aplicación SINAC e rexistrarse (dentro da aplicación SINAC atopará un menú á esquerda (menú altas--otras solicitudes--solicitude fusión/división)-
Despois duns días recibirá un correo electrónico informando do trámite realizado.
 
 
DIVISIÓN DE ZONA DE ABASTECEMENTO
Para solicitar a división de zona de abastecemento, unicamente deberán enviar á Dirección Xeral de Saúde Pública unha solicitude de división de zona. Esta solicitude pode atopala na parte dereita desta páxina.
IMPORTANTE: Non ten que solicitar a división a través da aplicación SINAC. Unicamente debe enviar a solicitude á Dirección xeral a través da caixa de correos sinac.galicia@sergas.es ou a través de correo ordinario ou rexistro.
Despois duns días recibirá un correo electrónico informando do trámite realizado.