Día Mundial da Sida (1 de decembro)

Día Mundial da Sida (1 de decembro)

Con motivo da celebración do Día Mundial da Sida que se celebra o 1 de decembro, o Plan galego anti VIH/sida e outras ITS desenvolve unha campaña divulgativa en centros escolares de secundaria, bacharelato e formación profesional así como con outras entidades que traballan no eido do VIH/sida e outras ITS. Esta campaña enmárcase dentro da campaña de ONUSIDA e o seu obxectivo é concienciar á poboación galega da transcendencia desta enfermidade e da importancia do respecto dos dereitos das persoas afectadas. Nesta campaña distribúense preservativos, carteis do Día Mundial da Sida, adhesivos co lazo vermello e folletos con información preventiva do VIH/sida.