Contaminación atmosférica

Contaminación atmosférica

Dentro das accións encamiñadas á prevención, control e xestión das situacións de risco asociadas a factores ambientais que poidan supoñer un risco para a saúde da poboación, inclúense actuacións concretas nas situacións excepcionais de contaminación atmosférica que se produzan en Galicia.

Estas actuacións realízanse en base aos resultados das medicións que realiza a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

No ano 2011 elaborouse o protocolo de actuación en situacións excepcionais de contaminación ambiental de Galicia. O obxecto deste protocolo é establecer os mecanismos de actuación para comunicar as autoridades responsables e a poboación afectada no menor tempo posible a superación dos limiares de información e/ou alerta á poboación establecidos para o dióxido de xofre e o dióxido de nitróxeno, partículas e para o ozono.