H5N1 Consellos para viaxeiros

H5N1 Consellos para viaxeiros

Consellos para persoas que viaxen a países afectados por abrochos de gripe aviar AH5N1 en aves
   
Recomendacións a 2 de xullo de 2018
 
 
Non hai restricións de viaxe aos países afectados (1):
Afganistán, Bangladesh, Burkina Faso, Bután, Camboia, China, Costa Marfil, Exipto, India, Indonesia, Libia, Nepal, Nixeria, Pakistán, Togo, Vietnam.
 
Países con informes oficiais máis recentes sobre os brotes activos. Fonte:
 
Ora ben, é conveniente atender a unha serie de consellos básicos ao viaxar a estes países:

◾ Evitar visitar mercados de animais e granxas de aves.

◾ Evitar o contacto con superficies contaminadas por feces de animais.

◾ Non comer ou manipular aves ou ovos pouco cocidos ou crus.

◾ Non traer ningún animal vivo ao regreso.

◾ Non recoller ou tocar paxaros mortos ou que están morrendo.

◾ Procurar lavar frecuentemente as mans.

 

Ademais, se nos dez días seguintes ao regreso ten síntomas respiratorios acompañados de febre (> 38ºC), non se esqueza de recordarlle ao médico os antecedentes de viaxe.
 
Para máis información consultar:
 
 
 
(1) Nos países da UE onde se confirman casos de gripe aviar en aves aplícanse medidas veterinarias especiais de emerxencia nun perímetro o redor do foco entre 3 a 10 km. A xente que viaxa a estas zonas debería evitar o contacto con paxaros mortos ou enfermos e tamén cumprir con calquera das restricións e normas impostas durante o período que se estipule. Estas medidas reláxanse cando o control e as medidas de prevención son aplicadas satisfactoriamente na área afectada.