IX Congreso SOGALCA

IX Congreso SOGALCA

O pasado 14 de novembro de 2019, a DXSP, presentou no IX Congreso da Sociedade Galega de Calidade Asistencial o proxecto RISCAR.

Este proxecto pretende mellorar o intercambio de información entre a Administración Pública na área da Saúde maternoinfantil, os profesionais da saúde e as familias, para o cal se crean unhas plataformas de tecnoloxía da información e a comunicación.

Para a consecución do obxectivo anterior, os socios do proxecto, estamos a desenvolven as seguintes actividades:

1. Creación dun Observatorio transfronterizo da Saúde da Infancia que permita avaliar o estado de saúde e os seus determinantes para mellorar a saúde da poboación infantil e xuvenil.

2. Promover a alfabetización científica e técnica dos profesionais sanitarios. Para o cal se desenvolveu a plataforma RINSAD, Revista Infancia e Saúde, dispoñible en: http://rinsad.uca.es/ojs3/index.php/rinsad

3. Promover a alfabetización das familias en saúde e na crianza dos fillos e fillas. A nosa DXSP está a desenvolver unha ventá de comunicación coas familias e a cidadanía integrada nas plataformas tecnolóxicas da Consellería de Sanidade e SERGAS que posibilitará a subscrición a mensaxes informativos, boletíns periodicos, campañas ou avisos de utilidad.

 

 

SOGALCA_2019.PNG