Chefs saudables é un certame educativo dirixido aos centros que imparten educación infantil e/ou primaria que ten como obxectivo promover un estilo de vida saudable.
Os centros interesados en participar deberán elaborar un vídeo no que os escolares prepararán unha receita saudable explicando o motivo da selección e as etapas da elaboración do prato.