Campaña 2015

Campaña 2015

A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública (DXIXSP) está a realizar unha campaña preventiva na app Wapo de maio a decembro de 2015 dirixida a homes que teñen sexo con homes (HSH). As persoas residentes en Galicia que teñan esta app verán un pantallazo no móbil cada vez que a abran e este pantallazo consiste na emisión dunha imaxe cun lema preventivo achegado pola DXIXSP que varía cada mes. A imaxe emítese de xoves a luns, unha semana de cada mes, agás en xuño e en decembro nos que a emisión durará unha semana enteira co gallo da celebración do Día do orgullo gay e do Día mundial da sida respectivamente.