Campaña 2014

Campaña 2014

Co gallo da celebración do Día do orgullo gay de 2014 (28 de xuño), a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública desenvolveu, en colaboración cos Centros Quérote+, unha campaña preventiva dirixida a homes que teñen sexo con homes (HSH). A campaña denominouse “Pon a proba do VIH nos teus favoritos!” e consistiu na emisión dunha mensaxe preventiva cada vez que abrían as app Grindr ou Bender. Esta mensaxe foi vista polas persoas usuarias desta app que se atopaban en Galicia dende o 23 de xuño ata o 26 de xuño (Grindr), e dende o 23 de xuño ata un mes e medio despois no caso de Bender.