Autotest de VIH

Autotest de VIH

Autotest de VIH


Que son?

Son probas rápidas de detección de anticorpos fronte ao VIH-1 e VIH-2 que se realizan cunha mostra de sangue capilar extraída da xema do dedo.

Características destas probas:

1. Non son diagnósticas.
2. Sempre son voluntarias.
3. Non se poden reutilizar.
4. Resultado fiable se pasaron, polo menos, 3 meses dende a práctica de risco.
5. Lectura visual do resultado.
6. Resultado da proba en menos de 20 minutos.
7. Temperatura de conservación da proba: entre os +8ºC e os +30ºC.
8. Para conservar a proba debe evitarse a exposición directa á luz.

Cando se debería facer unha proba de VIH?

A proba do VIH está indicada despois dunha práctica ou situación de risco para a transmisión do VIH como as seguintes:
1. Relacións sexuais sen preservativo (sexo anal, vaxinal e oral, tanto insertivo como receptivo).
2. Compartir material de inxección de drogas.
3. Exposicións accidentais:
 - Rotura de preservativo nunha relación sexual cunha persoa infectada polo VIH ou que non  sabe se o está.
 - Contacto con sangue en feridas ou mucosas, etc.

Interpretación dos resultados do autoest de VIH:

Ningún autotest do VIH é fiable ao 100%. Poden producirse falsos positivos (resultado positivo nunha persoa VIH-) e falsos negativos (resultado negativo nunha persoa VIH+).

1. Resultados negativos:
Se a práctica de risco se produciu fai máis de 3 meses e o resultado é negativo significa que a persoa probablemente non estea infectada polo VIH. Se ten dúbidas da interpretación do resultado consúlteo co seu médico/a de Atención Primaria.

2. Resultados dubidosos:
Se non está seguro de se realizou correctamente o autotest é recomendable acudir á súa consulta de Atención Primaria para realizar unha proba diagnóstica de VIH.

3. Resultados incorrectos:
O resultado pode ser incorrecto se non se teñen en conta estes aspectos:
1. Conservación axeitada do kit.
2. Seguir fielmente as instrucións de uso.
3. Realizar a proba despois de pasar, polo menos, 3 meses dende a práctica de risco. 
4. Non sobrepasar a data de caducidade do kit.

4. Resultados positivos:
Sempre debe confirmar o resultado positivo mediante unha proba de VIH sanguínea que pode solicitar en calquera destas consultas do Servizo Galego de Saúde de xeito totalmente gratuíto:
 - Consulta do seu médico/a de Atención Primaria.
 - Consulta de VIH do seu hospital de referencia: pode solicitar esta cita directamente  chamando aos seguintes números de teléfono:

- Hospital Arquitecto Marcide (Ferrol): 981 337 855.
- Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña: 981 178 394.
- Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela: 981 951 266.
- Hospital Provincial (Pontevedra): 986 800 378.
- Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo): 986 811 111 (ext. 515 520).
- Hospital Lucus Augusti (Lugo): 982 296 000 (extensión 536 260).
- Complexo Hospitalario de Ourense: 988 369 875 / 988 389 508.

A quen podo consultar dúbidas sobre estas probas?

1. Ao seu farmacéutico
2. Ao Plan galego anti VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual:
 - 881 542 996
 - 881 5429 914
 - De luns a venres: 9:00-14:00 h.
 - As chamadas aténdense anónima e confidencialmente.
 - email: plan.vih.its@sergas.es
3. Aos centros Quérote+ da Xunta de Galicia:
 - Por Whatsapp: 647 018 752
 - Por teléfono ou presencialmente. Na seguinte ligazón atópanse os números de teléfono e  enderezos do seus locais: http://xuventude.xunta.es/querote-mais/proba-rapida-do-vih 
4. Ao Servizo Multicanal de Información e Prevención do VIH e a Sida (Cruz Vermella):
 - 900 111 000
5. Á Coordinación estatal VIH e SIDA (CESIDA):
 - 900 102 833
 - De luns a venres: 10:00 – 20:00 h
 - As chamadas son gratuítas, anónimas e confidenciais.

Onde podo adquirir as probas rápidas de VIH?

1. Os autotest de VIH en sangue capilar están dispoñibles nas farmacias e pódense comprar sen receta médica.
Máis información sobre estas probas aquí: http://www.autotest-sante.com/es/autotest-VIH-par-AAZ-139.html 

2. As probas rápidas de VIH en fluído oral do programa da Consellería de Sanidade pódense realizar de xeito anónimo, gratuíto e confidencial en calquera dos seguintes puntos: https://www.sergas.es/Saude-publica/VIH-Entidades-probas-rapidas.

Estas probas están realizadas por profesionais cualificados para a realización e interpretación da proba así como para ofrecer información e asesoramento ás persoas que se queiran realizar unha proba rápida.

 

 

 

Dúbidas sobre ITS

Se tes calquera dúbida sobre este tema, podes contactar co persoal médico e de enfermería do Plan galego anti VIH/sida e outras ITS por teléfono ou por email.

Os datos de contacto son:

Teléfono: 881 542 996, 881 542 914, 881 542 913.

e-mail: plan.vih.its@sergas.es

Horario de atención: de luns a venres, 9:00-14:00 h.​​​​​​