Informes

Informes

Información aos concellos

Os datos de cada mostraxe publicáronse semanalmente na páxina web da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública (http://www.sergas.es/dxsp).

No transcurso da tempada de baño, con periodicidade quincenal, envióuselles aos concellos que o solicitaron os resultados dos controis microbiolóxicos das zonas de baño.

Cando existiu contaminación nunha zona de baño, a xefatura territorial de Sanidade da provincia correspondente enviou unha notificación ao concello para que adoptara as medidas oportunas.

Ao final da tempada, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública enviou a cada concello un informe coa cualificación final de cada zona de baño.

 

Información aos organismos implicados na xestión das augas

Os datos de cada mostraxe publicáronse quincenalmente na páxina web da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública (http://www.sergas.es/dxsp).

No transcurso da tempada de baño, cando existe contaminación nunha zona de baño, a xefatura territorial de Sanidade da provincia correspondente comunicou a incidencia aos organismos implicados na xestión integral da calidade das augas.

Entre estes organismos atópanse Augas de Galicia, Confederación Hidrográfica do Cantábrico, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

 

Información ao Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade

Ao final da tempada os resultados microbiolóxicos das mostras analizadas cargáronse no sistema de información nacional de augas de baño (Náyade) mediante ficheiros de intercambio. Estes resultados son utilizados polo Ministerio de Sanidade e Consumo para o cálculo da cualificación sanitaria final en cada zona de baño.

 

Información ao público

Os datos de cada mostraxe publicáronse quincenalmente na páxina web da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública (http://www.sergas.es/dxsp).

Ao final da tempada os resultados microbiolóxicos das mostras analizadas cargáronse no sistema de información nacional de augas de baño (Náyade) e podían ser consultados a través do acceso ao cidadán.