Análises dos resultados

Análises dos resultados

O censo oficial de zonas de baño da tempada de baño consta dun total de 517 puntos de mostraxe de 497 zonas de baño, que se atopan en 110 concellos da comunidade autónoma galega.

Na figura 1 obsérvanse as distribucións das zonas de baño continentais e marítimas, respectivamente, en relación co número de concellos, zonas de baño e puntos de mostraxe nas diferentes provincias.

 

Fig1.jpg
Figura 1. Distribución das zonas marítimas e continentais da tempada 2010

 

 Cualificación final das zonas de baño

Dos 517 puntos de mostraxe das zonas de baño, o 63,1% obtivo unha cualificación sanitaria apta para o baño de moi boa calidade ou AUGAS 2, o 35,8% destes resultaron de cualificación sanitaria apta para o baño de boa calidade ou AUGAS 1, e soamente en catro ocasiones (0,8%) as augas foron cualificadas como non aptas para o baño ou AUGAS 0. Dúas zonas de baño non se puideron cualificar por non se realizar as mostraxes. Estes resultados resúmense na táboa 2.

 


                                                               Táboa 2. Cualificación sanitaria das zonas de baño agrupadas por provincias e tipo de auga

 

Cualificación sanitaria Tipo de auga Núm de zonas de baño Total %
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
AUGAS 2 Marítima 168 30 0 120 326 63.1
Continental 3 0 4 1
AUGAS 1 Marítima 59 15 0 61 185 35.8
Continental 8 14 16 12
AUGAS 0 Marítima 0 1 0 2 4 0.8
Continental 0 1 0 0
Sen control Marítima 1 1 0 0 2 0.4
Continental 0 0 0 0
 

 

 

Zonas de baño con cualificación final non apta para o baño

Trátase das seguintes zonas de baño, tres marítimas e unha continental:


   Zona de baño Penaoural do concello de Burela (Lugo), xa que foi non apta para o baño en catro mostraxes da tempada.
   Zona de baño Pozo da Ola do concello da Pontenova (Lugo), xa que foi non apta para o baño en catro mostraxes da tempada.
   Zona de baño Compostela do concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), xa que foi non apta para o baño nunha mostraxe da tempada.
   Zona de baño A Concha do concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), xa que foi non apta para o baño nunha mostraxe da tempada.

 

Zonas de baño sen control

Na zona de baño Lourido do concello de Sada non se fixo a mostraxe en toda a tempada debido a que a zona de baño é inaccesible, segundo indica o Informe VLF/56/10 das Farmacéuticas Inspectoras de Saúde Pública da zona da Coruña.

Tampouco se controlou a zona de baño Xuncos do concello de Ribadeo porque nesta praia desapareceu completamente o areal. Por isto, a mostraxe supoñía un grave perigo ao ter que facerse nas rocas segundo indica o informe realizado polas Farmacéuticas Inspectoras de Saúde Pública da zona de Burela o 19/02/2010.

 

Comparación cos resultados obtidos nas tempadas anteriores

O censo oficial da tempada 2010 aumentou en 4 zonas de baño e puntos de mostraxe respecto á tempada 2009. En canto á cualificación sanitaria, na figura 2 móstranse os resultados da porcentaxe de zonas de baño que obtiveron cada unha delas nas dúas tempadas.


Fig2.jpg



 Figura 2. Comparación da cualificación sanitaria final das zonas de baño nas tempadas 2008,2009,2010.

 

Nesta figura obsérvase un lixeiro descenso nas zonas de baño que obtiveron cualificación sanitaria AUGAS 2 na tempada de baño 2010.