Tratamento estatístico dos datos

Tratamento estatístico dos datos

A partir dos resultados analíticos obtidos calcúlanse, para cada temporada de baño, as seguintes medidas descritivas:

Media aritmética

A media é unha medida de tendencia central que se define como a suma de cada un dos valores (xi) dividida polo número de observacións (n):


Formula01.jpg

Mediana

A mediana é unha medida de tendencia central que corresponde ao valor da variable que divide a distribución en dúas partes iguais, de maneira que deixa por debaixo o 50% dos datos e por riba o outro 50%.



Percentís

Os percentís son números que dividen unha distribución ou a área dun histograma en 100 partes de igual área. O percentil de orde k é o valor da variable que deixa por debaixo o k% dos datos.

Os percentís calcúlanse mediante o método HAVERAGE, do modo seguinte:


1. Ordénanse os datos

2. Calcúlanse


 n: nº total de observacións,
 w: nº de observacións non perdidas,

Formula02.jpg


 i : parte enteira de a,
 f : parte decimal de a,


3. Búscanse as observacións:


 x i : observación que ocupa a posición i.
 x (i+1) : observación que ocupa a posición i+1

4. O percentil de orde k calcúlase como unha media ponderada de x i e de x (i+1) :


p k = (1-f) x i + f x (i+1) 



Varianza

A varianza é unha medida de dispersión que nos dá unha idea da dispersión dos datos arredor do seu valor medio e que se define como a media da suma dos cadrados das diferenzas entre cada valor da variable (xi) e a media aritmética.

Formula03.jpg


Desviación típica ou estándar

A desviación típica é unha medida de dispersión que se define como a raíz cadrada da varianza.



Erro estándar

O erro estándar (da media) é unha medida de dispersión que se define como o cociente entre a desviación típica e a raíz cadrada do número de observacións:


Formula04.jpg



Proceso de datos

Os datos graváronse, traballando en rede local con Windows XP, mediante un sistema informático para a codificación e explotación dos datos da calidade microbiolóxica das augas das zonas de baño.

Este software está distribuído nas catro xefaturas territoriais con proceso de baleirado de datos periódicos. Os informes de calidade microbiolóxica calcúlanse directamente dende a aplicación.