Amianto. Vixilancia da saúde laboral

Amianto. Vixilancia da saúde laboral

 

la foto 1.JPG

Qué é?

É un programa de control da vixilancia da saúde dos traballadores que estiveron ou están expostos ao amianto.

 

Cómo se fai?

A vixilancia Saúde destes traballadores debe realizarse segundo protocolo de vixilancia sanitaria específica do MSSSI


Quén debe facela?

A saúde dos postexpostos inactivos (non traballan xa nas empresas onde foi a exposición) debe ser vixiada a través do Servizo Nacional de Saúde,e a vixilancia dos postexpostos activos (aínda traballan na empresa onde foi a exposición, pero non expostos ao amianto) e os expostos (traballan na actualidade en postos con exposición ao amianto) corresponde á súa empresa a través do seu Servizo de Prevención. 


Para qué serve?

- Comprobar que se realiza axeitadamente a vixilancia da saúde dos traballadores expostos actualmente ao amianto.

- Facilitar o acceso á vixilancia da saúde dos postocupacionais por exposición ao amianto relaizada polo Servizo Galego de Saúde.

- Realizar a avaliación das actuacións realizadas co fin de remitir cada 5 anos a avaliación ao MSSSI.

- Estar en disposición de facilitar toda a información solicitada para o recoñecemento médico-legal das enfermidades derivadas da exposición ao amianto.

 
Qué empresas deben remitir datos en relación coa exposición ao amianto á administración sanitaria galega?

As empresas que teñan a súa razón social en Galicia e traballen ou traballaran co amianto.

 
Qué mais deben comunicar tódalas empresas que traballen ou traballasen co amianto?

Deberán remitir ao final de cada ano, os datos dos traballadores con exposición ao amianto que teñan cesado na súa relación coa empresa, co fin de incluílos na vixilancia sanitaria de POSTEXPOSTOS INACTIVOS a cargo do Servizo Galego de Saúde. 

 
Qué comunicar segundo os tipos de exposicións?

Depende da relación entre actividade e exposición do traballador, existen 3 variantes: