A Subdirección Xeral de Información sobre saúde e Epidemioloxía

A Subdirección Xeral de Información sobre saúde e Epidemioloxía

A SUBDIRECCIÓN XERAL DE INFORMACIÓN SOBRE SAÚDE E EPIDEMIOLOXÍA

Correspóndelle a esta subdirección xeral a aplicación e execución do Plan de saúde de Galicia e do Plan de prioridades sanitarias en materia de identificación de problemas de saúde, da avaliación de riscos dos problemas e perigos identificados, e dos programas ou procesos existentes para o seu control; a coordinación de iniciativas no ámbito dos siste­mas de información de saúde pública, así como todas aquelas funcións que, dentro do seu ámbito competencial, lle sexan asignadas ou delegadas.

Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:


Servizo de Epidemioloxía.

Funcións:

a) A xestión do sistema básico da Rede galega de vixilancia en saúde pública, do Rexistro de Mortalidade de Galicia, do Rexistro Galego de Tumores e do Rexistro de Interrupcións voluntarias no embarazo de información de saúde pública e da Rede galega de vixilan­cia en saúde pública.

b) A xestión e control de abrochos epidémicos, alertas e crises sanitarias, mediante a coordinación e o seguimento do Sistema de alerta epidemiolóxica de Galicia.

c) A vixilancia das enfermidades crónicas e dos factores de risco e preventivos relacionados con elas

d) O asesoramento e a promoción da formación en materia de método epidemiolóxico.

e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

Servizo de Control de Enfermidades Transmisibles.

Funcións:

a) A planificación, a programación e a coordinación da execución das actividades de prevención e control das enfermidades transmisibles e a difusión da información relacio­nada con elas.

b) A planificación, a coordinación e a xestión das actividades do Programa galego de vacinacións e a difusión da información sobre o programa.

c) A planificación, a coordinación e a xestión das actividades do Programa galego de prevención e control da tuberculose e a difusión da información do programa.

d) A planificación, coordinación e xestión da estratexia de prevención e control da infec­ción VIH/sida en Galicia e a difusión da información do programa.

e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.

 

Servizo de información sobre saúde pública.

Funcións:

a) A análise e a avaliación do estado de saúde da Comunidade Autónoma.

b) A difusión da información xerada nos sistemas de información de saúde pública e o intercambio desta con outras administracións públicas ou entidades con competencias na materia.

c) A participación no desenvolvemento da avaliación de impacto en saúde.

d) A coordinación dentro da Dirección e as xefaturas territoriais da formación regrada en saúde pública que se imparta.

e) En xeral, aqueloutras que, dentro do seu ámbito, lle sexan asignadas.