Informe do clima laboral no Servizo Galego de Saúde.

Informe do clima laboral no Servizo Galego de Saúde.

Informe do clima laboral no Servizo Galego de Saúde.
O Servizo Galego de Saúde, consciente da importancia que teñen os seus profesionais no desenvolvemento da prestación da asistencia sanitaria, desenvolveu no 2006 o proxecto de avaliación do clima laboral das Institucións Sanitarias.
Este proxecto tiña como obxecto coñecer e analizar todos os aspectos e factores que, segundo a percepción dos profesionais do Sergas, inciden sobre as condicións de traballo e a prestación dos servizos sanitarios.
A importancia do proxecto reside en que os resultados obtidos, servirán para sentar as bases das futuras políticas de xestión de Recursos Humanos, e para fixar as estratexias de mellora continua das condicións de traballo.

Método de estudo

Realizouse unha enquisa voluntaria a 4000 traballadores seleccionados aleatoriamente entre todos os colectivos profesionais, fixos e temporais. A enquisa empregada foi elaborada nun formato-tipo desenvolto en Dinamarca, adaptado e validado para o Estado Español polo Instituto Sindical de Trabajo, Ambiente y Salud. As enquisas contestadas foron tratadas garantindo a confidencialidade e anonimato dos profesionais que as responderon.

Desenvolvemento

Realizouse no 2006, o deseño e o traballo de campo realizouse no primeiro semestre de 2006 e no segundo semestre procedeuse a explotación de datos e elaborar os informes de resultados. Agora, na páxina web do SERGAS, publícase o informe dos resultados acadados no proxecto.
Destaca a alta participación, cunha taxa de resposta total do 60,25%, que dada a voluntariedade da enquisa dálle un maior valor aos resultados obtidos. O informe de resultados globais da enquisa de clima laboral están a súa disposición no seguinte informe. Esta importante participación reflicte a boa acollida desta iniciativa o que é un motivo de satisfacción para todos.
Moitas grazas polo esforzo, interese e colaboración amosados por todos os profesionais do Sergas, sen a súa participación non sería posible realizar este proxecto, que seguro redundará no benestar laboral de todos.