Campaña 2014/2015: "Xestionemos o estrés"

Campaña 2014/2015: "Xestionemos o estrés"

Campaña Europea de información e sensibilización en prevención de riscos laborais. Traballos saúdables: Xestión do estrés e dos riscos psicosociais no traballo
O Servizo Galego de Saúde inicia o día 28 de abril, coincidindo co Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, a campaña de prevención de riscos laborais co lema: "Traballos saudables: Xestionemos o estrés", coordinada pola Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA).
 
Asemade, e como mostra do compromiso da Administración sanitaria galega de crear lugares de traballo máis seguros e saudables en beneficio de todos, o SERGAS adheriuse a esta iniciativa como socio colaborador a nivel nacional.
 
Son obxectivos desta campaña:
  • Mellorar o coñecemento do estrés relacionado co traballo e os riscos psicosociais
  • Promover a xestión destes riscos
  • Previr os efectos negativos significativos
  • Proporcionar asistencia e orientación a profesionais e xerencias
  • Fomentar a utilización de ferramentas prácticas e de fácil manexo 

 

Recursos e materiais:

  • Certificado socio Nacional da campaña 2014-2015
  • Cartel oficial da Campaña
  • Pé de sinatura para correo
  • Tríptico Factores de risco psicosocial