" traballando xuntos para a prevención de riscos"

" traballando xuntos para a prevención de riscos"

Campaña de información e sensibilización en prevención de riscos laborais.

O lema

O lema escollido ("TRABALLANDO XUNTOS PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS") coincide co lema da campaña deste ano coordinada pola Axencia Europea para a Seguridade e Saude no Traballo (EU-OSHA) e basease no principio de que a prevención consiste en xestionar os riscos laborais co obxectivo final de reducir (ou eliminar) o numero de danos á saúde derivados do traballo... e os riscos os xestionan persoas que traballan xuntas...

Obxectivos da campaña

  • Promover que profesionais e equipos directivos traballen xuntos para previr os riscos.
  • Fomentar a participación e colaboración dos profesionais e os seus representantes na xestión dos riscos laborais.
  • Promover e afianzar a cultura preventiva no Servizo Galego de Saúde.
  • Fomentar a incorporación da xestión da prevención de riscos laborais nas políticas de responsabilidade social da organización.