OPE 2022-Lei de estabilización

OPE 2022-Lei de estabilización

INFORMACIÓN DOS PROCESOS SELECTIVOS NO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE DE GALICIA
Información das convocatorias dos procesos selectivos derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
O Diario Oficial de Galicia publicou os días 4 e 5 de xaneiro as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde coas convocatorias dos procesos selectivos polos sistemas de concurso-oposición e concurso de méritos para o acceso a condición de persoal estatutario fixo de 105 categorías de persoal estatutario.
 
CONCURSO OPOSICIÓN:
O día 04/01/2023 publicáronse no Diario Oficial de Galicia as convocatorias do concurso-oposición de 55 categorías de persoal estatutario. 
Os méritos a valorar serán os causados ata o 03/01/2023.
Publicada no Diario Oficial de Galicia do día 30/06/2023 a: 
RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

Categoría de ENFERMERÍA:
Os méritos a valorar serán os causados ata o 23/03/2022 (día anterior á publicación da convocatoria).
Publicada a plantilla definitiva de respostas e as notas provisionais da fase de oposición na categoría de Enfermeira/o. Prazo de reclamacións: Do 30/10/2023 ao 6/11/2023.  
CONCURSO DE MÉRITOS:
O día 05/01/2023 publicáronse no Diario Oficial de Galicia as convocatorias do concurso de méritos de 97 categorías de persoal estatutario.
Os méritos a valorar serán os causados ata o 04/01/2023.
Listas provisionais de persoas admitidas e excluídas:
Resolución do 11 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 77 do 21 de abril)
 
Categoría de ENFERMERÍA:
Publicación da RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza o nomeamento como persoal estatutario fixo e adxudicación de destino definitivo, no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.
Prazo de  toma de posesión: do 15 de novembro ao 14 de decembro de 2023.
Categoría de Médico/a de familia de atención primaria:
Publicación da RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a baremación definitiva, a relación de aspirantes seleccionados/as e se inicia o prazo para a elección de destino.
Prazo de presentación de documentación e elección de destino: do 18 ao 31 de outubro.