Integración informática do Equipamento

Integración informática do Equipamento

Normativa e documentación asociada á integración informática do equipamento adquirido pola Consellería de Sanidade e os seus organismos/centros dependentes.

Actualmente existe unha gran variedade de equipamento electromédico, nos distintos centros e unidades dependentes da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, coa finalidade principal de realizar distintas probas diagnósticas ou terapéuticas. Como resultado do funcionamento deste tipo de aparataxe obtéñense unha serie de datos relevantes para o doente que deben estar incluídos na súa historia clínica. A historia clínica levouse ó ambito das T.I. (Tecnoloxías da Información) mediante a creación da Historia Clínica Electrónica do Servizo Galego de Saúde co seu proxecto IANUS, o cal pretende dar acceso a unha visión integrada de toda a información clínica xerada de cada doente.
 
Faise necesario, polo tanto, o establecemento dun conxunto de características técnicas mínimas, acordes co estado da tecnoloxía informática que os distintos dispositivos de mercado ofrecen en cada momento, que debe cumplir o equipamento electromédico para garantir un nivel adecuado de integración cos distintos sistemas de información da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, así como uns niveis axeitados de seguridade da información, que debe comprobarse previamente á súa adquisición de xeito procedimental.