Xornada de Humanización no Servizo Galego de Saúde

Xornada de Humanización no Servizo Galego de Saúde

Esta Xornada é o punto de encontro para que profesionais de todas as áreas sanitarias e organizacións do Servizo Galego de Saúde poidan intercambiar e compartir modos de actuación, experiencias e proxectos, poñendo en valor a súa profesionalización e vocación, co único fin de proporcionar a mellor asistencia posible a pacientes.
Previamente á Xornada os repsonsables de humanización das áreas sanitarias e dous representantes do Consello Asesor de Pacientes puntuaron todas as  iniciativas presentadas.  
A máis puntuada resultou ser a presentada pola Área Sanitaria de Ferrol. " O meu paso polo quirófano." 
Na clausura da Xornada entregouse un monolito de recoñecemento.