Área de Pontevedra e Salnés

Área de Pontevedra e Salnés

Non existe humanización sen calidade, como non é posible a calidade sen humanización

Ao longo dos dous últimos anos, os servizos de saúde iniciaron cambios co firme compromiso de mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas que viven en Galicia.

 

Nos diferentes centros asitenciais do Servizo Galego de Saúde existen proxectos de mellora e humanización desenvolvidos partindo de propostas de profesionais e cidadanía. 

 

A Estratexia é un instrumento aberto onde se irán incorporando as iniciativas que veñan xurdindo das achegas de profesionais e pacientes, tendo sempre valores como a equidade e accesibilidade, e tamén a eficiencia e sustentabilidade do sistema sanitario.