Área de Ourense , Verín e O Barco de Valdeorras

Área de Ourense , Verín e O Barco de Valdeorras

Co fin de unir estratexias, darlle prioridade ás liñas de traballo comúns, despregar accións e homoxeneizar o proceso, levouse a cabo unha análise da situación dos diversos proxectos de humanización da asistencia sanitaria, impulsados nas distintas áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
 
Nos diferentes centros asitenciais do Servizo Galego de Saúde existen proxectos de mellora e humanización desenvolvidos partindo de propostas de profesionais e cidadanía. 
 
A Estratexia é un instrumento aberto onde se irán incorporando as iniciativas que veñan xurdindo das achegas de profesionais e pacientes, tendo sempre valores como a equidade e accesibilidade, e tamén a eficiencia e sustentabilidade do sistema sanitario.