Área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Nos diferentes centros asitenciais do Servizo Galego de Saúde existen proxectos de mellora e humanización desenvolvidos partindo de propostas de profesionais e cidadanía,
Co fin de unir estratexias, darlle prioridade ás liñas de traballo comúns, despregar accións e homoxeneizar o proceso, levouse a cabo unha análise dos diversos proxectos de humanización da asistencia sanitaria impulsados nas distintas áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

 
 
A Estratexia é un instrumento aberto onde se irán incorporando as iniciativas que veñan xurdindo das achegas de profesionais e pacientes, tendo sempre valores como a equidade e accesibilidade, e tamén a eficiencia e sustentabilidade do sistema sanitario.