HEXIN (Plataforma de Explotación de Información e Xestión de Datos Clínicos e Epidemiolóxicos)

HEXIN (Plataforma de Explotación de Información e Xestión de Datos Clínicos e Epidemiolóxicos)

  • Trátase dunha plataforma que permite a explotación de información clínica dispoñible nos sistemas existentes co propósito de:
    • Facilitar a toma de decisións clínicas.
    • Proporcionar información para a identificación e clasificación de casos de epidemiología.
    • Proporcionar información de xestión.
  • As súas funcionalidades son: procesamento semántico, indexación e busca de información non estruturada, flexibilidade na relación e navegación en información, exploración por facetas e xerarquías, facilidade de uso e rápida adopción, axilidade e flexibilidade.
  • O piloto realizouse en varios ámbitos:
    • Enfermidades raras: Unidade de diagnóstico de enfermidades metabólicas congénitas do Sergas, na EOXI de Santiago.
    • Enfermidades nosocomiales: EOXI de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras.
    • Estudo de detección de brotes sindrómicos: EOXI de Vigo.
    • Investigación clínica en STENT (endoprótese vascular): EOXI da Coruña.
    • Enfermidades crónicas: EOXI de Santiago.

is-hexin-1.pngis-hexin-2.png