HCEPRO (Historia Clínica Electrónica orientada ao seguimento integral do paciente en todo o continuo asistencial)

HCEPRO (Historia Clínica Electrónica orientada ao seguimento integral do paciente en todo o continuo asistencial)

  • Trátase da evolución do sistema de historia clínica electrónica corporativo (IANUS) orientada á xestión por procesos/problemas de saúde, e permitindo un modelo de coidado do paciente con condicións crónicas no que estean implicados a organización sanitaria, o paciente e a súa contorna.
  • Compóñense das seguintes funcionalidades:
    • Estación clínica orientada a procesos/problemas de saúde: Acceso e rexistro da historia clínica, cunha visión articulada ao redor dos problemas do paciente, de forma independente ao ámbito ou centro no se que se produzan os distintos actos clínicos.
    • Historia clínica móbil: Acceso e rexistro á historia clínica para dispositivos móbiles (smartphones, tabletas) responsable de cubrir os escenarios de hospital en casa, atención en planta ou servizos de urxencias.
    • Estación clínica de enfermaría: Estación de traballo específica para o colectivo de enfermería ao redor do coidado integral do paciente, abarcando todos os ámbitos asistenciais e dando soporte á Historia clínica móbil, para os procesos de asistencia relacionados co seguimento domiciliario de pacientes.
    • Xestor de protocolos: Definición e xestión de protocolos de atención terapéutica para o tratamento de patoloxías, seguimento de pacientes crónicos ou definición de accións preventivas.
    • Xestor de ordes médicas: Xestor de prescrición para o coidado dun paciente, ben de perfil médico ou enfermería, abarcando solicitude de probas diagnósticas, indicacións terapéuticas, solicitude de interconsultas, prescrición farmacolóxica, pautas de tomas de constantes,...
    • Repositorio de variables clínicas: Rexistro corporativo de constantes clínicas con capacidade evolutiva para definir, modificar ou eliminar variables.
    • Módulo de escalas: Ferramenta de soporte ao diagnostico mediante escalas de valoración aplicables en distintos ámbitos por profesionais médicos e de enfermería.
  • O piloto levou a cabo en catro centros de saúde, dous servizos de dous centros hospitalarios dentro da mesma EOXI e un servizo dun centro hospitalario doutra EOXI distinta (EOXI da Coruña, EOXI de Lugo, Cervo e Monforte e EOXI de Ourense, Verín e Barco de Valedorras).