Xornadas e Congresos

Xornadas e Congresos

Se non existen actividades simultáneas e pódese participar en todas elas solicítase a acreditación global (para o programa ao completo).

Se existen actividades simultáneas e tense que elixir entre participar nunha ou noutra, a solicitude de acreditación é por modalidade (Mesas redondas, conferencias, talleres, etc.), cada alumno recibirá os créditos correspondentes á súa participación real na actividade, polo que debe existir control de asistencia específico para cada sesión. O devandito control debe estar detallado e ser realizable.

 
Requisitos:
  1. Deben ter un Comité Científico e un Comité Organizador.
  2. Unha única solicitude cuberta segundo o modelo normalizado.
  3. Os talleres ou cursos dentro ou fóra da xornada ou congreso que teñan unha matrícula específica serán consideradas actividades independentes e solicitarase a acreditación por separado.
  4. Non se consideran como horas acreditables :
      • As de descanso común a todas as actividades.
      • As de entrega de documentación.
      • As de presentación e clausura salvo que formen parte do contido científico do congreso.
      • As dedicadas á presentación de póster e/ou comunicacións.
      • Os simposios satélites promovidos pola industria, ou calquera outra actividade, que non forme parte do programa científico asumido pola organización.
  5. Non se acreditarán actividades de menos de 1 hora de duración.
  6. Control de asistencia:
      • Cando se solicite acreditación global e a duración total sexa inferior a 4h,  deberase participar no 100% para poder optar aos créditos. Se a duración supera as 4h bastará co 80%.
      • Cando se solicite acreditación por modalidades, deberase participar no 100% da actividade para poder optar aos créditos.
  7. Realización dunha enquisa de opinión/satisfacción (acéptase unha enquisa global do congreso e/ou xornada).
  8. Cumprimento da normativa de independencia comercial, achegando:
      • Separación das áreas científicas e comerciais.
      • Relación de relatoras con conflito de intereses.
      • Relación de entidades patrocinadoras.
      • Materiais promocionais e docentes.
  9. Certificación aos participantes:
      • No caso da acreditación global (sen actividades simultáneas) os créditos reflectiranse no certificado de forma global, pola súa participación na xornada e/ou congreso, sen asocialos a ningunha actividade concreta.
      • No caso da acreditación por modalidades (con actividades simultáneas), a entidade provedora deberá certificar a cada participante a súa asistencia aos diferentes actos acreditados do congreso e/ou xornada, cun só documento, no que constarán as actividades realizadas cos seus créditos.