Tipos de actividades de Formación Continuada

Tipos de actividades de Formación Continuada

  1. Actividades presenciais son aquelas que esixen a interacción persoal de docentes e alumnos nun lugar determinado. Dentro delas podemos distinguir:
    • CURSO: actividade docente dirixida á mellora da competencia nunha área determinada con participación dun ou varios docentes en distintas sesións, nas que fan achegas centradas na práctica profesional. A achega teórica é maioritaria pero deben presentar contidos prácticos para integrar os coñecementos.
      É recomendable un máximo de 30-35 participantes.
    • TALLER: actividade formativa predominantemente práctica cuxo obxectivo fundamental é o desenvolvemento de habilidades.
      Ten unha duración curta no tempo, poucos participantes (de 6 a 8 por docente) e esixe a participación activa dos alumnos e gran interacción entre éstes e os docentes.
    • SEMINARIO: actividade docente onde se aborda con carácter monográfico e en profundidade un tema determinado. A súa característica fundamental é a interactividade, a crítica e o intercambio de experiencias entre todos os participantes. É aconsellable un grupo pequeno de participantes (aconsellable entre 5 e 12). As sesións adoitan durar entre dúas e tres horas, aínda que pode estenderse no tempo ata cubrir os seus obxectivos. O desenvolvemento do seminario é planificado polos seus membros na primeira sesión do grupo e na última sesión faise un resumo e avaliación do traballo realizado.
    • ROTACIÓN: estancia a tempo completo ou parcial de profesionais en centros de traballo ou unidades diferentes aos da súa práctica clínica habitual, co fin de coñecer experiencias e adquirir competencias en áreas moi concretas e en técnicas específicas. O número de participantes é escaso: 1 ou 2 por rotación. A duración establécese en función dos contidos concretos e dos obxectivos a alcanzar, aínda que a partir de 6 horas por día, non se computa como carga lectiva en horas, senón que se considera reforzo da aprendizaxe.
    • CONGRESO reunión de contacto e intercambio entre profesionais especialistas nalgunha materia, na que se proporciona información, comunícanse novidades, analízanse problemas, búscanse solucións e adóitanse elaborar conclusións.
      Os congresos teñen un elevado número de participantes, con actividades simultáneas no tempo, con distinta metodoloxía e contido variado. Debe ter un comité científico e un comité organizador. Adoita ser de carácter anual ou bianual. 
    • XORNADA actividade de curta duración (un ou dous días) onde se actualizan    coñecementos sobre unha área de coñecemento determinada. 
      Principais características:
      • a. Actividades con distinta metodoloxía e contido dentro dun mesmo tema, pero sen sesións simultáneas.
      • b. Esporádica e breve no tempo.
      • c. Elevado número de participantes dunha ó máis profesións.
    • SYMPOSIUM: reunión de especialistas e expertos na que se expoñen e desenvolven diferentes aspectos dun tema de forma completa e detallada, desde diversos enfoques a través de intervencións breves, sintéticas e de sucesión continuada (15 a 20 minutos). Os especialistas expón durante 15 a 20 minutos. Un coordinador resume as ideas principais e o auditorio formula preguntas e dúbidas que os expertos aclaran e responden. Habitualmente teñen un número elevado de participantes.
    • MESA REDONDA: actividade na que un equipo de expertos, que sosteñen diferentes puntos de vista sobre un mesmo tema, expón ante o grupo en forma sucesiva e coordinados por un moderador. Os participantes deben ser coñecedores da materia, hábiles para expor e defender con argumentos sólidos a súa posición.
    • GRUPO DE TRABALLO: modalidade que supón nos seus integrantes un importante nivel de formación previa e de reflexión sobre a práctica sanitaria. Caracterízase poa autonomía progresiva e pola calidade da súa actuación, de forma que os seus proxectos e materiais elaborados poidan servir tamén a outros sanitarios.
      Principais características e/ou requisitos:
      • a. É necesaria a existencia de formación e traballo compartido, con anterioridade, polos compoñentes
      • b. Poderán proceder do mesmo ou distinto centro de traballo e da mesma ou distinta profesión
      • c. Existirá un coordinador para a organización e distribución de tarefas, control de aspectos burocráticos (follas de firmas, orde do día de cada sesión, informes de avaliación, etc.). Presentación da memoria elaborada conxuntamente por todo o grupo
      • d. Número de participantes aconsellable entre 4 e 12
      • e. A duración das sesións aproximada de 2 horas
  2. Actividades non presenciais, con separación física entre profesor e alumno que habitualmente implica transmisión asíncrona do coñecemento e a aprendizaxe independente e flexible do alumno, diferéncianse varios  tipos con niveis de complexidade e interactividade crecente
    • a. Provisión de contidos: Libros e monografías, revistas.
    • b. Xestión de contidos : Aulas virtuais, CD., vídeos, e-reading.
    • c. On–line: programas virtuais e e-learning, que introducen un elemento clave: a comunicación xa que unha aprendizaxe efectiva necesita diálogo, conversación, discusión e reflexión.
  3. Actividades Mixtas: inclúen unha parte presencial e outra non presencial, ámbalas dúas con perfil pedagóxico. Cando o e-learning é empregado como complemento da formación presencial, falamos de blended-learning.