Resolución

Resolución

A proposta de acreditación emitida polos avaliadores será elevada, a través da Secretaría Técnica á Comisión Autonómica de Formación Continuada, que é o órgano competente para resolver a acreditación.

A dita resolución, que ten validez no conxunto do Sistema Nacional de Saúde, é comunicada aos provedores pola Secretaría Técnica.
En caso de estar acreditada, porque a solicitude superou a avaliación cualitativa, comunicarase o número de créditos asignados á actividade en cuestión e as condicións que deben cumprirse en orde á súa utilización.

A actividade pode ser non acreditada ou denegada, polos seguintes motivos:

  • A actividade non supera a avaliación cualitativa, é dicir, as puntuacións obtidas en obxectivos, metodoloxía, pertinencia, avaliación da actividade ou/e organización e loxística son moi baixas e a puntuación obtida pola actividade non alcanzou o mínimo esixido, para o factor de calidade.
  • A solicitude é desestimada por non cumprir algún requisito necesario para a súa acreditación.
  • O provedor desiste na súa solicitude: a actividade non será acreditada xa que, tras solicitarse algunha subsanación ao provedor éste non responde á mesma no prazo establecido.

Contra as resolucións da Comisión os provedores poderán solicitar ante a Secretaría Técnica a revisión, por unha soa vez e no prazo dun mes a contar dende a súa notificación. Fronte á resolución da revisión anterior poderase interpoñer recurso de alzada ante a/o conselleira/o de Sanidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

As resolucións de acreditación están condicionadas ao cumprimento da lexislación en vigor, de todos os requisitos esixidos por este sistema de acreditación e á achega de toda a información que a secretaría técnica considere necesaria para a valoración da actividade formativa e para a auditoría.