Destinatarios

Destinatarios

Deben estar dirixidas a profesionais sanitarios aos que se refire a Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias:

  • Profesionais das profesións sanitarias tituladas (licenciados, diplomados, graduados): Medicina, Farmacia, Odonto-estomatoloxía, Veterinaria, Enfermaría, Fisioterapia, Podoloxía, Terapia Ocupacional, Óptica-optometría, Nutrición Humana e Dietética, Logopedia e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.
  • Especialidades sanitarias de: bioloxía, bioquímica, física, química, e psicoloxía.
  • Profesionais da rama sanitaria de formación profesional:

a) De grao superior. 

Tecnicos Superiores en: Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico, Dietética, Hixiene Bucodental, Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, Laboratorio Clínico e Biomédico, Audioloxía Protésica, Ortoprótese e Produtos de apoio, Prótese Dentais, Radioterapia e Dosimetría, Saúde Ambiental e Documentación e Administración Sanitarias.

b) De grao medio.

Técnicos en: Coidados Auxiliares de Enfermería, Farmacia e Parafarmacia, Emerxencias Sanitarias (RD 1397/2007, do 29 de outubro)

Tamén a profesionais  recoñecidos como sanitarios con posterioridade: Psicólogo Xeral Sanitario (Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeneral de Saúde Pública)

As actividades deben estar dirixidas a profesionais sanitarios que finalizaron  a súa formación regrada correspondente. 

Se ocasionalmente asisten profesionais non sanitarios, éstes non poderán recibir certificado con créditos de formación continuada do SNS.

Non poderán admitirse solicitudes de acreditación de actividades dirixidas especificamente a profesionais que estean en período de formación como especialistas en ciencias da saúde (residentes).

Os residentes poderán participar en actividades de formación continuada se así o estima pertinente o seu titor ou comisión de docencia.

Neste caso a porcentaxe de profesionais en período de formación como especialistas en ciencias da saúde sobre o total de participantes será inferior ao 50% e, non poderán recibir o certificado con créditos de formación continuada.

En calquera caso, sempre que nunha actividade admítanse a profesionais en formación como especialistas en ciencias da saúde, os certificados deberán incluír unha lenda indicando o seguinte: 'Os créditos desta actividade non son aplicables aos profesionais, que participen na mesma, e que estean a se formar como especialistas en Ciencias da Saúde'.