Criterios de elaboración de certificados e modelos

Criterios de elaboración de certificados e modelos

A emisión dos diplomas e certificados corresponde ao provedor, que se fai responsable da veracidade da información que éstes conteñan e obre en poder dos destinatarios.

No ANVERSO debe figurar: 

PARTE SUPERIOR:

 
 
    a) Logotipo do provedor ou entidade solicitante que debe ser a que figura na solicitude. Será o de maior tamaño de todos os logotipos impresos no documento.
 
    b) O nome do documento será o de Certificado/Diploma. 

PARTE CENTRAL: 


Texto libre no que se incluirá polo menos:
 
    a) Nome e apelidos, do participante/alumno, tal como figura no seu documento de identidade, é dicir, non se debe utilizar abreviaturas nin nomes familiares.
 
    b) Título da actividade. Idéntico ao que figura na notificación oficial de acreditación emitida pola Secretaría Técnica da Comisión.
 
    c) Data de inicio e de finalización que figuran na notificación de acreditación. (Se se modificaron as datas de realización da actividade, deberíase comunicar á Secretaría Técnica antes do inicio da formación). 
 
    d) Nas actividades a distancia, indicar o período de vixencia.

PARTE INFERIOR: 
 
    a) Cita de acreditación co seguinte texto obrigatorio e literal, xunto co logotipo do Sistema de Acreditación no extremo inferior dereito.
 
 "Actividade acreditada pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde da CCAA de XX, con X.X créditos para..., e nº de expediente...."
   
    b) Lugar e Data de expedición do certificado
 
    c) Firma, polo menos, do responsable da entidade provedora. Obrigatoriamente, deberá figurar en letra de imprenta, o nome, apelidos e cargo da persoa/s que rubrica/n.
 
    d) Cando a actividade docente acreditada, inclúa especialistas en formación deberase engadir a seguinte lenda:
 
 "Os créditos desta actividade formativa, non son aplicables aos profesionais que participen na mesma, e que se estean a formar como especialistas en Ciencias da Saúde"
 

    e) Cando a actividade docente acreditada, forme parte dun programa dun máster ou especialización, farase constar no certificado
 

No REVERSO farase constar:

Programa da actividade formativa na que se detalle cada tema e a súa duración en horas (especificando horas teóricas e/ou prácticas). Poderá certificarse en anexo aparte no caso de que a extensión exceda o tamaño do documento, nese caso relacionarase o anexo.
Datos de rexistro da entidade proveedora

 

Nota: os docentes, directores, coordinadores, titores, relatores, conferenciantes, etc. dunha actividade acreditada, non obteñen créditos de formación continuada, por tanto, non poden recibir os mesmos certificados dos participantes.

Poden recibir certificados, claramente diferentes na súa maquetación, e sen o uso do logotipo de acreditación, nin mención aos créditos outorgados á actividade, nos que se faga constar o seu grao de participación nunha actividade docente acreditada